DATAS CRAVES CONTRA A ELECTROCONTAMINACIÓN NO CONCELLO DE VILABOA:

02.12.08: Asemblea veciñal en Bértola onde o 1º tenente alcalde de Vilaboa comprometeuse ante a veciñanza a facer un regulamento do espazo radioelectrico baseado no principio de precaución facilitando a desinstalación, entre outras, dá antena de Bértola. Ver : Acordos tomados no Acto veciñal.

06.12.08: A voceira local do BNG recoñece a ilegalidade de tódalas antenas e aposta por “unha ordenanza reguladora na que se regulen tanto a ubicación como as emisións ”, tendo en conta os “núcleos de poboación e núcleos sensíbeis” e lembra que a lexislación estatal infrinxe o principio de cautela segundo o Parlamento Europeo e non protexe a poboación neste ámbito (especialmente aos grupos vulnerábeis) . Ver noticia completa .

19.12.08: Máis de 250 persoas afectadas denuncian as antenas ilegais de Salcedo ao concello de Pontevedra. Ver: petición

Febreiro de 2009: Notificación do concello de Pontevedra confirmando dita ilegalidade das antenas de Salcedo -->

03.03.09: Resposta das persoas afectadas e da APDR: peche cautelar, regulación proteccionista do espazo radioeléctrico e diálogo cos responsábeis municipais. Ver: nota de prensa .

25.04.09: O 1º tenente alcalde de Vilaboa presenta a súa proposta de ordenanza municipal nunha xornada sobre Telefonía Móbil e Saúde en Pontevedra (Información sobre a Xornada: Cartel , Programa , Invitación e Dossier de prensa )

SOBRE A PROPOSTA PRESENTADA POLO 1º TENENTE DE ALCALDE:

•  Obxectivo principal da proposta do Concello de Vilaboa exposta nesta xornada:

Non sería tanto a a ordenación, control e limitación da exposición electromagnética dentro do Concello de Vilaboa, se non que se centra en ilegalizar a antena de Bértola prohibindo a instalación de antenas base de telefonía en solo de núcleo rural (6 meses máis tarde o propio 1º tenente de alcalde recoñece publicamente que esta medida non se poría utilizar con dita antena por non estar en solo de núcleo rural. Ver acto do 09.10.09)

•  Obxectivo complementario:

Aínda que no texto alude a límites e distancias de protección, estes non están ligados nin xustificados xuridicamente coas potestades e competencias municipais, recoñecendo no desenvolvemento do debate da súa proposta que tal e como está exposto sería xuridicamente nulo, tal e como declararon algúns dos xuristas asistentes.

Ao non ser apoiada a súa proposta de ordenanza polos colectivos e expertos asistentes, o 1º tenente de alcalde de Vilaboa acepta pospoñer a súa aprobación ás achegas do colectivo veciñal de afectados e da APDR que se comprometen a recoller a experiencia de normativas proteccionistas no estado español dentro das achegas actuais do Parlamento Europeo e a Axencia Europea de Medio Ambiente.

24.06.09: Entrégase ao Concello de Vilaboa da PROPOSTA DE ORDENANZA PROTECCIONISTA DE ANTENAS elaborada pola APDR, referendada polo Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca, e coas achegas puntuais de Ceferino Maestu (Profesor e investigador da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicación da Univ. Politécnica de Madrid, especialista en Bioelectromagnetismo, e neste intre asesor técnico na negociación dunha ordenanza no Concello de Leganés) e de Enrique Ríos (avogado, asesor xurídico de AVAATE e do grupo de traballo de telefonía da Federac. de AA.VV. de Valladolid; neste intre asesor do concello de Tudela na elaboración da súa ordenanza).

SOBRE A PROPOSTA DE ORDENANZA PRESENTADA POLO COLECTIVO VECIÑAL DE PERSOAS AFECTADAS DE BÉRTOLA E ESCULCA E DA APDR

A non constancia de legalidade das antenas base de telefonía móbil presentes en Vilaboa e a falta de control real sobre a súas emisións e ubicación, como empresas contaminantes coas que convivimos de cotio no noso medio (contaminación agravada en moitos casos por outras fontes de contaminación electromagnética) é proba do caos presente en Vilaboa. Ante as chamadas á precaución do Parlamento Europeo e da Axencia Europea de Medio Ambiente, retomamos as súas achegas na presente proposta de ordenanza:

OBXECTIVO PRINCIPAL desta proposta proteccionista:

A ordenación, control e limitación da exposición electromagnética dentro do Concello de Vilaboa no seu conxunto para combinar saúde con boa cobertura; dentro das competencias do ámbito municipal. En definitiva facer compatibles o dereito á saúde e ao medio ambiente da cidadanía, desde o principio de precaución, co dereito de acceso ás novas tecnoloxías da comunicación e o seu desenvolvemento futuro.

PUNTOS CRAVES para obter este obxectivo:

- COMPATIBILIZAR SERVIZO E SAÚDE, CON NIVEIS DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO MENORES A 0,1 µw/cm2 (1) CON MEDICIÓN EN TEMPO REAL DOS MESMOS -24 HORAS AO DÍA- (2) CO ACCESO AO PÚBLICO XERAL, dentro da potestade municipal de inspección e mantemento da disciplina.

- PROTECCIÓN DE GRUPOS/ESPAZOS SENSÍBEIS: a principal protección ven realmente dada polo control do nivel de exposición, en caso de non poder garantirse (zonas de sombra u outras) e ter que acudir ás distancias como forma de minorar a exposición: cítase como referencia a aplicar o apartado 8 da Resolución do Parlamento Europeo de 02.04.09 no seu criterio de manter distancias (3): “garantir ao menos que as escolas, garderías, residencias de anciás e os centros de saúde se sitúen a unha distancia específica deste tipo de equipos, fixada de acordo con criterios científicos”

- PARTICIPACIÓN CIDADÁ:

•  As asociacións veciñais forman parte da Comisión de Telecomunicacións (compartindo as súas funcións de coordinación e seguimento do Plan de Despregamento, e de inspección das antenas).

•  A información completa sobre a exposición ás radiacións de microondas é pública con acceso directo por internet. Está en consonancia con:

  • Apartado 8 da Resolución 02.04.09 do Parlamento Europeo que parte da participación das partes implicadas e que pódese aplicarse a todo o proceso: incluída a elaboración e negociación desta propia ordenanza.
  • Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (que incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE).

- APLICACIÓN DO DECRETO AUTONÓMICO 133/2008 POLO QUE SE REGULA A AVALIACIÓN DE INCIDENCIA AMBIENTAL (4) -ou no seu caso do RAMINP, se o inicio da tramitación foi antes da data do Decreto mencionado-: como actividade “perigosa” en base a aplicación do artigo 13 da lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia tal e como lembra o Valedor do pobo e a interpretación aberta da consultaría da propia páxina web da consellería de Medio Ambiente.

Notas:

1.- Por dous motivos:

- Aínda que a normativa estatal permite exposicións ao público moito superiores, constatamos os consellos do Parlamento Europeo e do Informe Bioinitiative apoiado pola Axencia de Medio Ambiente (que consideran os límites actuais na lexislación estatal “obsoletos” e non adecuados para preservar a saúde da poboación e especialmente dos grupos sensíbeis ), adoptando como límite referencia inmediato o 0,1 µw/m2 para á exposición a microondas.

- Os datos oficiais de medicións puntuais (xamais en tempo real, nin tendo en conta a suma das distintas formas de contaminación electromagnética), non superan en principio dito límite de 0,1 µW/m2 confirmando unha boa cobertura. Polo que atendéndonos ao consello do Parlamento Europeo, de minimizar ao máximo a exposición ao público e especialmente aos grupos sensíbeis, retomamos dito nivel como referencia.

2.- So as medicións en tempo real da contaminación global por inmisións non controladas de microondas dannos datos da flutuación da contaminación electromagnética e da suma de ondas das emisións.

3.- Xustificado por:

  • O Real Decreto 1066/2001 no seu artigo 8.7.d.: “De xeito particular, a localización, características e condicións de funcionamento das estacións radioeléctricas debe minimizar, na maior medida posible, os niveis de emisión sobre espazos sensibles …”.
  • A distancia como referencia científica preferente recoñecida polo Parlamento Europeo e a Axencia Europea de Medio Ambiente e o Informe Bioinitiative que recoñece 300 metros de distancia a zonas sensíbeis. En todo caso a Comisión de Telecomunicacións poderá dar indicacións alternativas en caso de grupos sensíbeis na liña de minimizar a exposición aludida no Real Decreto.

4 A aplicación da Avaliación Ambiental leva implícito:

  • Abrir un proceso de regulación e legalización (xunto coa licenza municipal de obras) ante a ilegalidade xeral actual en Vilaboa.
  • Notificación persoal a cada veciño/a e titular de dereitos inmediatos cun tempo de información pública a efectos de das alegacións que consideren oportunas; dando un tempo de capacidade de reacción e actuación antes de que sexa aprobado un proxecto de nova antena: 20 días.

A proposta de normativa ten conta tamén a protección nas futura zonas de solo urbano contempladas no proxecto de Plan Xeral de Vilaboa.

09.10.09: Acto informativo de presentación pública desta proposta de ordenanza proteccionista dos colectivos sociais (Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca e APDR) e comezo de contactos con outros colectivos veciñais de Vilaboa.

A presenza do 1º tenente de alcalde de Vilaboa no acto centrou o debate na posición e información do Concello neste ámbito:

- Recoñece que a antena de Bértola non está en solo de nucleo rural (base da súa proposta para evitar a súa legalización). Expónselle que, aínda así, coa proposta de ordenanza que propoñemos desde a veciñanza o Concello si terá ferramentas para a súa eliminación ou limitación, dependendo en todo caso só da vontade política do equipo de goberno e de que funcionen correctamente os mecanismos de participación e disciplina contemplados nesta proposta de ordenanza.

- Preséntanos unha copia da proposta de normativa con tódalas achegas de corte proteccionista remarcadas (a maior parte delas hoxe en día aprobadas en diferentes normativas municipais de distintos puntos do estado) alegando problemas de tipo técnico ou de estilo. Quedamos en ter unha encontro específico para liquidar ditos problemas se só son tales, incidindo que a eliminación destas achegas proteccionistas seria a eliminación do sentido mesmo da normativa a aprobar, e só serviría para legalizar a situación caótica existente.

- Preséntanos unha petición de axuda á Xunta de Galicia para implantar algún sistema de medición, ao tempo que cuestiona a viabilidade económica do sistema de medición e control en tempo real, base do cumprimento da ordenanza. Remárcaselle que a única medición aceptábel e a de tempo real (24 horas tódolos días) e que sen ela a proposta de normativa seria papel mollado porque non se podería aplicar a política de disciplina e inspección do Concello neste ámbito. Exponse alternativas posíbeis como a implantación gradual (comezando polas áreas de exposición a zonas habitadas) e outras fontes de ingreso económico;...

- Confírmanos o proxecto de instalación dunha subestación eléctrica do AVE en Bértola e a votación unánime no Pleno municipal de Vilaboa contraria a dito proxecto . Falamos sobre a gravidade de incluír un axente contaminante máis na zona de Bértola (electrocontaminación de baixa frecuencia, como as das liñas de alta tensión tamén presentes na zona) e a desvalorización económica que comportaría. Emprazámoslle a ter en conta os intereses da veciñanza das parroquias afectadas e a participación e información da mesma en tódolos trámites que comporte.